Como podo axudarche?

Traballo e traballei con marcas moi potentes en Galicia, como Ebro, Elogo, a Asociación de Empresarios de Ribeira, Toxo Telecom e outras empresas que confiaron en min para mellorar a súa imaxe e comunicar dun xeito máis humano e efectivo. En moitas destas campañas conseguimos alcances de centos de miles e mesmo máis de 1 millón de reproducións, sempre mantendo o meu estilo: contido natural, directo e visualmente coidado, que conecta coa xente porque non é artificial.

Cada proxecto é distinto. Os prezos son personalizados segundo o nivel de produción, o tipo de contido e os obxectivos da marca, asegurando sempre a mellor relación entre estética, impacto e resultado.

Creación de contido audiovisual

Especializome en producir contido visual que conecta e vende.
O meu enfoque principal son os reels profesionais, porque hoxe son o formato que realmente xera impacto, alcance e clientes reais.

Cada vídeo está pensado como unha historia: estética, narrativa, movemento, luz e mensaxe. A idea é facer contido que a xente non só vexa, senón que recorde.
Un dos valores diferenciais do meu traballo.
As series permiten profundizar nun tema, crear hábito na audiencia e conseguir que o público se enganche á historia dunha empresa.

Funcionan especialmente ben en Galicia porque a xente conecta máis coa verdade ca co espectáculo. Este formato dá identidade, continuidade e autoridade á marca.

Apoio na xestión de redes sociais

Para empresas que buscan unha comunicación real, moderna e coherente.

O meu enfoque baséase no que funciona:

  • Estratexia centrada en reels.

  • Estética limpa e recoñecible.

  • Contido natural, transparente e sen artificios.

  • Textos directos e adaptados á marca.

  • Análise continua e mellora mensual.

O obxectivo non é “encher redes”, senón que a empresa transmita quen é e xere confianza.

Colaboracións e campañas puntuais

Para marcas que precisan contido concreto nun momento clave: lanzamentos, accións promocionais, eventos ou campañas específicas.

Moitas destas colaboracións superaron o millón de visualizacións, sempre mantendo a miña estética e a miña forma de comunicar: directa, humana e centrada na verdade.

Asesor de imaxe persoal

Axudo a definir unha imaxe coherente co que cada persoa ou negocio representa: estilo visual, presenza en cámara, mensaxe e coherencia estética en redes.

Non se trata de aparentar máis, senón de transmitir mellor.

Atelier N21: formacións, imaxe persoal e espazo creativo

Atelier N21 será o meu estudo creativo en Galicia: un espazo para aprender, crear e comunicar cun estilo propio.

Inclúe:

  • Talleres de creación de contido e comunicación visual.

  • Formacións para falar diante da cámara con seguridade.

  • Producción audiovisual en estudo.

  • Pequenos eventos e encontros profesionais.

  • Asesoría de imaxe persoal premium: estudo de cor, análise de estilo, selección de pezas clave e acompañamento estético individualizado.

Un lugar pensado para elevar a creatividade e a imaxe desde Galicia, con identidade e coidando cada detalle.